"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

xoves, 27 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO

Como xa sabedes o martes celebramos o Día contra a Violencia de Xénero, con diferentes actividades que xa presentamos nunha entrada anterior.
A idea; "mulleres que iluminan a nosa vida" quedounos un pouco grande. Resultou un concepto difícil de entender, pero igual eliximos "a muller que máis nos gusta". Por suposto, as ganadoras foron as mamás, elas son as preferidas das nenas e nenos, pero tamén as avoas, madriñas, ou tías. E por que?? Estas son algunhas das respostas que deron:

  • Porque é a miña mamá. (Pode haber unha razón máis importante?)
  • Porque xoga comigo.
  • Porque me dá besitos.
  • Porque me dá abrazos.
  • Porque a quero moito.
  • Porque é moi saltarina.
  • Porque si. (E punto! Para que quero máis motivo!?)
  • Porque é boa, guapa, lista... ... ...
Ao día seguinte, cando lle preguntei por que onte puxéramos o lazo violeta, dixeron:
  • Para que non se pegue.
  • Para que non se berre.
  • Para que non se dé patadas.
  • Nin estar enfadados.
                         NON NOS GUSTA!!

E así acabamos o día, con bicos e abrazos.

mércores, 26 de novembro de 2014

ANIVERSARIO NOVEMBRO

Onte foi o aniversario de IKER!!
Xa queda menos para que todos teñamos os 3 aniños. 



luns, 24 de novembro de 2014

Carta dunha MESTRA

Esta fin de semana unha amiga compatiu esta carta comigo. Non me resistín a compartila con vós. Lédea, xa veredes como emociona, e seguro que nos axuda a comprender moitas cousas.

http://madredemarte.wordpress.com/2014/11/19/de-una-maestra-a-los-padres-sobre-ese-nino-que-pega-interrumpe-e-influencia-a-tu-nino/ 

MANDALAS de outono

Como prometéramos, aquí podedes ver os nosos mandalas. Así nos quedaron!!
E así de chula está agora, a nosa ventá!!

mércores, 19 de novembro de 2014

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Co gallo da celebración do 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na escola, imos facer distintas actividades. As nenas e nenos da clase de 3 anos tamén nos imos sumar a algunhas.

Para nós, o punto de partida será pensar nas mulleres que iluminan a nosa vida, e completar un cartaz cun nome de muller que ilumina a nosa vida. Seguro que todas e todos temos moitas, pero hai que escoller unha e explicar as razóns da nosa elección.

Intentaremos facer un pouco de debate sobre o que entendemos por mulleres que iluminan as nosas vidas; sen olvidar que só temos 3 aniños. De seguro que será un coloquio moi proveitoso.

Tamén leremos o conto Balbordo na cociña. Esta historia pretende promover a igualdade de xénero. Aquí vos deixo o enlace a este conto e a outro máis por se os queredes mirar na casa.



Tamén vos recomendo o conto Arturo e Clementina de Adela Turín e Nella Bosnia, intentando facer visible esa violencia que non é física e visible, pero que é igual de perxudicial e denigrante para a persoa que a sufre.

E como non, tamén poñeremos o noso lazo violeta, símbolo desta xornada. Xa os temos preparados!!

Ademais, como non queremos a violencia en xeral, nin contra as mulleres, nin contra os nenos, animais, natureza... faremos xogos para traballar o afecto non verbal e verbal. Pensaremos en como nos sentimos cando nos anoxamos ou pelexamos cunha amiga ou amigo, e cando non estamos anoxadas/os. Como preferimos sentirnos? E plantexaremos posibles situacións conflitivas para resolver pacificamente.

domingo, 16 de novembro de 2014

TEMPO LIBRE, TEMPO PARA COMPARTIR

No Libro da Saúde 3 anos da Editorial Santillana, recóllese un apartado sobre tempo libre que me pareceu interesante incluir aquí. Ademais, penso que o tema está moi relacionado coa actividade da entrada anterior, non pola actividade en si, polo que implica pasar tempo de calidade cos nenos/as.
 
 

DECORACIÓN CON FOLLAS DE OUTONO

Mandala ou Grilanda, cal che gusta máis??


Podedes sair dar un paseo cos nenos e nenas e recoller unhas poucas follas, deixalas secar e gardalas uns días no medio dun libro para que queden dereitas. Despois decoralas como máis vos guste, con símbolos, debuxos ou palabras bonitas.



Se non vos gusta a idea de pegar as follas na parede, podedes facelo nunha cartolina. Na clase imos facelo sobre uns círculos de cartolina, para logo decorar unha ventá.
Xa poñeremos unha foto do resultado, e tamén invito aos que vos animedes a facelo, a que nos ensinedes como vos quedou a vós.

xoves, 6 de novembro de 2014

MAGOSTO E DÍA DO PEÓN

Hoxe quero invitarvos a que entredes no blog do cole.


A próxima semana celebraremos o MAGOSTO e o DÍA DO PEÓN. No blog poderedes ver cousiñas moi interesantes relacionas con esto. "Outono, magosto e buxainas".

  • Xogos do Magosto. Algunhas ideas para xogar en familia ou con amigos.
  • Un video sobre trompos.
  • A actividade: Estamos en outono. Esta é para ne@s que xa saben ler, pero se vos sentades con eles e lles ides lendo vós, poden aprender vocabulario e outras cousiñas relacionadas co outono.