"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

mércores, 19 de novembro de 2014

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Co gallo da celebración do 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na escola, imos facer distintas actividades. As nenas e nenos da clase de 3 anos tamén nos imos sumar a algunhas.

Para nós, o punto de partida será pensar nas mulleres que iluminan a nosa vida, e completar un cartaz cun nome de muller que ilumina a nosa vida. Seguro que todas e todos temos moitas, pero hai que escoller unha e explicar as razóns da nosa elección.

Intentaremos facer un pouco de debate sobre o que entendemos por mulleres que iluminan as nosas vidas; sen olvidar que só temos 3 aniños. De seguro que será un coloquio moi proveitoso.

Tamén leremos o conto Balbordo na cociña. Esta historia pretende promover a igualdade de xénero. Aquí vos deixo o enlace a este conto e a outro máis por se os queredes mirar na casa.



Tamén vos recomendo o conto Arturo e Clementina de Adela Turín e Nella Bosnia, intentando facer visible esa violencia que non é física e visible, pero que é igual de perxudicial e denigrante para a persoa que a sufre.

E como non, tamén poñeremos o noso lazo violeta, símbolo desta xornada. Xa os temos preparados!!

Ademais, como non queremos a violencia en xeral, nin contra as mulleres, nin contra os nenos, animais, natureza... faremos xogos para traballar o afecto non verbal e verbal. Pensaremos en como nos sentimos cando nos anoxamos ou pelexamos cunha amiga ou amigo, e cando non estamos anoxadas/os. Como preferimos sentirnos? E plantexaremos posibles situacións conflitivas para resolver pacificamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario