"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

mércores, 14 de xaneiro de 2015

PINGÜINS

Antes do Nadal fomos ao cine a Cee, ver "Pingüinos de Madagascar", o que nos sirve de motivación para meternos de cheo no mundo dos pingüíns.

No cole xa aprendemos moitas cousiñas e fixemos distintas actividades, pero se lle queredes dedicar un momentiño, ou varios, tamén podedes facer cousiñas na casa: ver videos na internet, buscar información, fotografías, contos sobre pingüíns, facer debuxos, manualidades... e traelos á clase para compartir cos compis. Información que sexa concreta e fácil de entender polas nenas e nenos.

Aqui vos deixo algún enlace que vos pode ser de interese:

Pídovos a vosa colaboración participando da ilusión que vos transmitan a vosa filla ou fillo cando vos explique o que traballou na aula.

Ningún comentario:

Publicar un comentario