Hoxe vou seguir cunhas recomendacións de actividades que podedes facer no ordenador cos peques. Son actividades que facemos na clase e que están tendo moito éxito. Ás nenas e nenos gústalle moito ir á pantalla e xogar/aprender con elas, ou tamén no ordenador da aula.
Xa coñecedes a PELAYO, pois seguimos coa matemática, as formas planas e os conceptos todo/nada.
http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/1_1_ibcmass_u17/index.html
Tamén lles gustan moito os contos de IVÁN E NAVI. Trátase duns contos interactivos que nos conta unha arañiña, e que para seguir a historia temos que ir facendo o que ela nos manda.
http://www.cuentosinteractivos.org/
PINCHADE NOS ENLACES E A DIVERTIRSE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario