"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

domingo, 25 de outubro de 2015

SAMAIN 2015/I

Xa chega o SAMAÍN, unha das nosas festas favoritas, e imos celebralo como se merece. Nos próximos días faremos distintas actividades, pero a semana pasada xa empezamos cos preparativos.
Por exemplo, lemos os contos “Corre corre, cabaciña” e “A bruxa regañadentes”, e tamén bailamos cos esqueletos.
Déixovos información dos contos, e tamén os enlaces a uns vídeos, por se os queredes disfrutar na casa e compartir un momentiño coas nenas e nenos.


Corre corre, cabaciña
OQO editora
Eva Mejuto & André Letria
12,90 € | 84-96573-65-6
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
setembro 2006
Non vin vella nin velliña, 
nin velliña nin vellón. 
Corre corre, cabaciña. 
Corre corre, cabazón!, 
respondía a cabaza que ía rodando polo camiño, 
ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. 
Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras? 

Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.

  • Enlace ao conto "Corre corre, cabaciña", da TVG...
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/capitulo-12-corre-corre-cabacina

  • Enlace á canción "Corre corre, cabaciña"...


A bruxa regañadentes 
OQO editora

Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello
13,50 € | 978-84-9871-257-5
48 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
febreiro 2010 - Reedición
Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai, intérnanse nun bosque escuro e misterioso, onde calquera cousa pode suceder. O máis pequeno, temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dous máis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acaba por acompañalos. Como non saben o camiño de volta, deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

Os contos e lendas sobre bruxas constitúen un repertorio vivo e abondoso, practicamente universal. Adoito, os cativos personifican os seus medos en personaxes malvados de aparencia humana. Porén, para gañaren confianza e superaren os temores, nada mellor que escoitaren contos en que os protagonistas triunfen sobre eses seres arrepiantes, produto da imaxinación. O personaxe da bruxa devoradora de nenos que vive nunha casiña no medio do bosque, aparece na tradición oral de moitos pobos (Turquía, Rusia, Europa…) e posúe tamén antigos antecedentes literarios.
 

  • Enlace ao conto "A bruxa regañadentes"...


  • Enlace á canción dos esqueletos...







Ningún comentario:

Publicar un comentario