Ano tras ano, chegado o 25 de novembro, día internacional
contra a violencia machista, temos que manifestar a nosa repulsa ante os
múltiples casos de violencia que exercen os homes contra as mulleres. Non se
trata dunha característica conxénita dos varóns, senón do abusivo exercicio do
estereotipo social que se lles ten adxudicado: mostrar a súa virilidade a
través de comportamentos violentos e a través do seu dominio sobre as mulleres.
Dende a escola, debemos promover cambios que favorezan relacións
igualitarias entre as persoas e que acaben con todo tipo de discriminación. Porque
esa violencia masculina non é natural, senón aprendida e, polo tanto, pode ser
substituída por valores sociais positivos baseados no respecto, a tolerancia e
a igualdade. E porque entendemos que desterraremos mellor a violencia mediante
accións preventivas, plantexadas dende unha perspectiva positiva de aprendizaxe
dunhas boas relacións entre os sexos, dende unha perspectiva coeducativa.
Deberemos xerar contextos educativos de respecto, favorables
ás relacións democráticas e igualitarias, fomentar una educación para a
igualdade de mulleres e homes, libre de estereotipos de xénero, e combater
calquera mostra de violencia que se produza no centro educativo.
PUZLES POLA IGUALDADE
NENAS E NENOS APRENDEMOS XUNT@S
NENAS E NENOS COMPARTIMOS XOGOS
NENAS E NENOS AXUDÁMONOS
NENAS E NENOS NON QUEREMOS VIOLENCIA
CAMBIAMOS VIOLENCIA POR BICOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario