Deixo unha reportaxe que fala sobre a importancia do xogo. Do xogo libre. O xogo polo xogo.
É un pouco longa, dura case unha hora, pero penso que paga a pena vela. Incluso hai un momento en que un dos entrevistados fala en francés e non ten subtítulos.
Pero seguro que nos fai reflexionar. Sinala cousas como que as extraescolares non son xogar, ou que hoxe para un neno é moi fácil estudar fútbol e case imposible xogar á pelota.
O anterior é un video de youtube. Se queredes visitar a páxina directamente podedes pinchar no seguinte enlace: http://imaginelephants.com/es/
Aquí tamén podedes ver o video e informarvos sobre o proxecto IMAGINEELEPHANTS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario