"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

venres, 11 de decembro de 2015

EMOCIONARIO. DI O QUE SENTES I

O desenvolvemento da competencia emocional dende a infancia é un elemento fundamental no desenvolvemento integral da personalidade, pois favorece non só a interacción social e a afectividade, tamén o autocoñecemento do individuo e o seu desenvolvemento cognitivo.

 Favorecer a competencia emocional dende idades temperás, ademais, axuda a previr futuros problemas emocionais e de conduta no neno/a, polo que a intervención sobre esta competencia adquire gran relevancia. Nesta liña, adicamos unha especial atención ás emocións, fundamentalmente á alegría, tristeza, enfado e medo.

Pretendemos que o alumnado coñeza formas positivas de relación cos demais á vez que se desenvolve de forma individual a nivel social e emocional. Para isto, trabállanse contidos relacionados coa competencia emocional co obxectivo de que o neno/a coñeza as súas emocións, saiba identificalas, expresalas e xestionalas adecuadamente para poder desenvolverse no seu entorno e manter relacións positivas cos outros. 

Esta semana por exemplo, na hora do conto lemos o conto “Yo materé monstruos por ti”, de Balmes (2014). Despois, cada nena e neno, fixo o seu propio monstro para, pola noite, ter un monstro ao que coller como fai Martina, a protagonista do conto. Para a creación do monstro empregamos diversos materiais, como son calcetíns, algodón, goma eva, botóns… Cada un seleccionou os materiais e deulle forma ao seu monstro. Unha vez confeccionados, explicaron como o fixeron, a que teñen medo e como se sente cando teñen medo.  


Nas seguintes fotos podedes ver que chulos nos quedaron os nosos monstros. Tamén deixo un enlace a un vídeo de YouTube para que contedes o conto na casa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario