"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

martes, 25 de decembro de 2018

SOMOS ARTISTAS

Esta é unha experiencia de aproximación á pintura dende a contemplación, o diálogo e a propia creación das nenas e nenos.
A finalidade é achegarse ao mundo das artes, artistas e as súas obras. Educar no gusto estético e iniciarse no goce das obras de arte, partindo da lectura de imaxes, da creación dunha opinión persoal e da expresión das propias ideas.

Comezamos coñecendo a JACKSON POLLOCK. O seu maior logro é pintar co goteo. Deixamos que a pintura caia sobre o lenzo de forma libre, autónoma, a pintura gotea sobre o cadro (expresionismo abstracto). 


Tamén coñecemos aKANDINSKY    Cando miraba un cadro, non era o máis importante os obxectos que aparecían, senón as cores e a forza que estas adquirían na obra. Así, na súa pintura, vaise producindo unha evolución dende o realismo á abstracción, sendo unha acuarela do artista, pintada no ano 1912, a primeira obra abstracta da historia da arte.


E descubrimos a   PIET MONDRIAN   Imitando a este artista na súa faceta máis coñecida, a abstracción xeométrica pura. Obras baseadas en formas xeométricas e cores primarias. A curva desaparece da súa obra e o vermello, azul e amarelo son as cores que observamos. E así reproducimos as obras de Mondrian...

Estes son algúns vídeos que se atopan pola rede e que empregamos para coñecer a estos tres artistas, as súas obras e inspirarnos. Así podemos volver a velos e recordalos.
         

 

   

Ningún comentario:

Publicar un comentario