"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

luns, 16 de marzo de 2020

CORONAVIRUS

O coronavirus está en todas as conversas, e o persoal e autoridades sanitarias recomendan extremar as medidas hixiénicas, tamén e especialmente, nos pequenos e pequenas da casa. E para evitar medos innecesarios, animan ás familias a explicarlles os motivos polos que hai que ser máis coidadosos/as na relación co entorno e cos demais.
Manuela Molina, psicóloga infantil e fundadora de Mindheart elaborou un conto sinxelo e fácil de entender para nenos e nenas.




O Ministerio de Sanidade tamén emitiu unha campaña de información infantil sobre o coronavirus na que recomenda:
  1. Coñecer que saben os nenos e nenas da enfermidade.
  2. Resoler as súas dúbidas.
  3. Explicarlles os síntomas.
  4. Ensinarlles as medidas hixiénicas.
  5. Alertarlles de que se teñen malestar, avisen.

 Ademais, téñense elaborado infografías que se poden empregar para recordar como se debe facer un correcto lavado de mans.


Outra cousiña que podemos facer cos nenos e nenas, é esta sinxela experiencia que seguro que lle axuda a tomar máis conciencia da importancia de lavar máis as mans.

O rap da tos e o cóbado
A Asociación de Pediatras de Atención Primaria de Andalucía en colaboración co alumnado de 4º curso de E.Primaria (2015/2016) do CEIP La Paz de Torremolinos, elaborou un rap para evitar o contaxio de catarros e outras enfarmidades que se transmiten pola saliva. Non é unha iniciativa feita con motivo do coronavirus, pero pódese perfectamente aplicar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario