"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

martes, 2 de febreiro de 2016

PAZ E AMOR

O pasado 29 de xaneiro (o 30 foi sábado) celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia.

Coñecemos un pouquiño a Mahatma Gandhi, o movemento Hippie e a canción Imagine de John Lennon.

Tamén fixemos uns colgantes co símbolo antibelicista.



Para nós a PAZ é, entre moitas outras cousas...
  • Compartir e xogar cos amigos e amigas.
  • Que mamá estea contenta.
  • Un mundo sen guerra.
  • Amor para os amigos e amigas...




2 comentarios: