"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

venres, 8 de abril de 2016

PRIMAVERA / A NOSA HORTA

Xa chegou a primavera e queriamos plantar a nosa horta, pero a chuvia non nos deixaba. Sabedes como é aquilo... en abril augas mil, e parece verdade. Tíñamos as plantas compradas, e o venres pasado a chuvia por fin nos deixou saír un momento para abonar, e o martes animámonos a plantar.
Participamos todas as nenas e nenos de infantil. As clases de 3 e 5 anos puxeron leitugas, cebolas e acelgas, a nós tocounos plantar fresas e porros. Ademais as profes puxeron tomates, tulipáns, gladiolos e xacintos.
Esperemos que vaian arriba e a colleita sexa boa.
Podedes ver unhas fotiños no enlace que hai debaixo das nosas xoaniñas. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario