O coronavirus está en todas as conversas, e o persoal e autoridades sanitarias recomendan extremar as medidas hixiénicas, tamén e especialmente, nos pequenos e pequenas da casa. E para evitar medos innecesarios, animan ás familias a explicarlles os motivos polos que hai que ser máis coidadosos/as na relación co entorno e cos demais.
Manuela Molina, psicóloga infantil e fundadora de Mindheart elaborou un conto sinxelo e fácil de entender para nenos e nenas.
O Ministerio de Sanidade tamén emitiu unha campaña de información infantil sobre o coronavirus na que recomenda:
- Coñecer que saben os nenos e nenas da enfermidade.
- Resoler as súas dúbidas.
- Explicarlles os síntomas.
- Ensinarlles as medidas hixiénicas.
- Alertarlles de que se teñen malestar, avisen.
Outra cousiña que podemos facer cos nenos e nenas, é esta sinxela experiencia que seguro que lle axuda a tomar máis conciencia da importancia de lavar máis as mans.
O rap da tos e o cóbado
A Asociación de Pediatras de Atención Primaria de Andalucía en colaboración co alumnado de 4º curso de E.Primaria (2015/2016) do CEIP La Paz de Torremolinos, elaborou un rap para evitar o contaxio de catarros e outras enfarmidades que se transmiten pola saliva. Non é unha iniciativa feita con motivo do coronavirus, pero pódese perfectamente aplicar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario