"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

xoves, 30 de abril de 2015

RECOMENDACIÓNS MUSICAIS


Mañá moitas e moitos van ter tempo abondo para cantar, bailar e divertirse coas súas crianzas.
Pois unha opción coma outra calquera pode ser aproveitar os marabillosos vídeos musicais que Sonárbore vos ofrece na súa canle de Youtube, SonarboreTV.
Que gocedes deste tempo!



Sonarbore é a etiqueta creada pola editorial Galaxia para a edición de música infantil. A este selo pertencen a maioría de discos de música infantil que están aparecendo agora mesmo no panorama galego e este espazo é a súa canle en Youtube, onde se poden acceder de xeito gratuíto con só ter conexión internet a varias horas de vídeos musicais infantís en galego. https://www.youtube.com/user/sonarboretv/videos


E demais, para que as nais (e os pais) e as avoas (e os avós) arrolen con agarimo os seus meniños e meniñas, este fermoso canto de berce interpretado na voz cálida e persoal de Merchi Rodríguez, de Leilía: "Berce de Verín", no libro-disco NON HAI BERCE COMA O COLO.

NON HAI BERCE COMA O COLO é un libro-disco con produción e dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, ilustrado por Mariona Cabassa e publicado por...
YOUTUBE.COM

Ningún comentario:

Publicar un comentario