"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

domingo, 10 de maio de 2015

AS NOSAS MASCOTAS II

Tivemos que despedirnos dos nosos pitiños. Xa medraran moito e vimos que a nosa clase non era o lugar máis axeitado para telos. Polo seu ben e por hixiene.

Estivemos lendo unha revista e aprendemos moitas cousiñas; por exemplo:
  • Ningún animal poderá ser sometido a malos tratos.
  • Todo animal debe vivir no seu propio ambiente.
  • O abandono dun animal é un acto cruel.

Entón, decidimos que os pitiños estarían mellor nun bo galiñeiro.

ISTO SI QUE É ADECUADO!!

Pero antes vimos algunhas cousiñas...
Atopamos os oídos e as fosas nasais dos pitiños.
E fomos vendo como ían medrando.


Ningún comentario:

Publicar un comentario