"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

sábado, 13 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016 -- PARTE II

Durante a semana do entroido fomos facendo o que o MECO nos mandaba... que se algo na cabeza, que se unhas gafas, ata fomos á escola en pixama, e tamén levamos o noso disfrace favorito. 

Tamén temos na clase unha caixa con disfraces e cando nos apetece, enredamos un pouco con eles.

Percorremos Galicia descubrindo o ENTROIDO GALEGO. En Laza coñecemos aos Peliqueiros, en Xinzo ás Pantallas, tamén aos Xenerais do Ulla e incluso copiamos os sombreiros de Madamas e Galáns de Cobres.

Por fin o venres, foi o día grande. O tema deste ano eran os descubrimentos e inventos. A mestra María xa empezou no primeiro trimestre coa prehistoria e o descubrimento da roda ou da lanza, foi avanzando no tempo e cando chegou a Exipto tivo que facer unha parada, como nos gusta este tema!! Que se a silla, as tixeiras...todo nos gusta...e falar de momias, moito máis!! Como non podía ser doutra forma, esto foi o que eliximos para disfrazarnos.

Se pinchades no seguinte enlace: ENTROIDO 2016, poderedes ver fotos da semana tola do carnaval.

Atopei unhas fotos do ano pasado que penso que non compartira. No seguinte enlace podedes velas: ENTROIDO 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario