"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

venres, 19 de febreiro de 2016

PANADEIR@S

Hoxe fixemos pan na nosa clase.

Limpamos as mesas e lavamos as mans. Mesturamos a fariña, o sal, o lévedo, a auga e amasamos un pouco. Deixamos levedar.

Fixemos os boliños e a levedar outro pouquiño. Tamén aproveitamos para enredar coa fariña.

Os boliños pasaron polo forno, e cando enfriaron algo... a papar!!

Podes pinchar neste enlace se queres ver algunhas fotos da nosa experiencia... PANADEIR@S

Ningún comentario:

Publicar un comentario