"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

mércores, 27 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celébrase o Día do Libro. E por iso durante este mes de abril estivemos traballando cun libro precioso, OS SOÑOS NA GAIOLA de Manuel María. Escollemos dous poemas deste libro, aprendémolos e ilustrámolos, e así se fixeron estes dous vídeos...



Ademais Manuel María é o escritor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. Polo tanto, durante todo o mes de maio, seguiremos a voltas co sol, o arco da vella, o burro trotón, a vaca...

Pero non só coñecemos a Manuel María e os seus poemas, tamén coñecemos a 
D. Quijote de la Mancha, a Miguel de Cervantes e a "Aventura de los molinos".




Ningún comentario:

Publicar un comentario