"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

venres, 20 de maio de 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA

Hoxe pasamos pola Casa da Cultura escoitar á xente de TALÍA TEATRO. Contáronnos tres contos moi recomendables. Se tedes oportunidade facédevos con eles e engadídeos á vosa biblioteca persoal.
Son tres contos de ADELA TURIN, escritora que se dedicou a analizar os rumbos sexistas na literatura infantil. Co obxectivo de combater a discriminación de xénero, creou a colección "Dalla parte delle bambine" que, entre 1975 e 1980, publicou máis de vinte títulos. Dende 1994 investiga e denuncia casos de sexismo en materiais educativos, ademais de xerar mecanismos de sensibilización dirixidos ao sector editorial, institucións e público en xeral. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario