"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

luns, 10 de outubro de 2016

O LIXO

O consumo excesivo de produtos e recursos naturais está levando á nosa sociedade cara a unha calella sen saída, e as primeiras manifestacións disto son a contaminación, o cambio climático e a escaseza de recursos. Será importante que as seguintes xeracións tomen conciencia disto, partindo dunha educación ambiental adecuda a través da cal comprendan a necesidade de reciclar os residuos para non esgotar o medio.

É por iso que propoñemos este traballo, moi ligado ao de “A auga” do curso pasado, e co que pretendemos:

  • ·        Coñecer a importancia do hábito de reciclar na vida cotiá.
  • ·        Identificar os distintios tipos de colectores e dos residuos que se deben botar neles.
  • ·        Concienciar da importancia que ten reutilizar os obxectos aproveitables o máximo de veces, e unha vez que xa non se poda, depositalos nos colectores adecuados para a reciclaxe reducindo a cantidade de lixo.
  • ·        Contribuir á mellora do medio ambiente.
CADA COUSA NO SEU SITIO

     OLLO... NON ALIMENTES AO MONSTRO!!

PISPAS está enferma. Teñen que descubrir que lle pasa e por que as cores do parque marcharon. Descubrirán que o parque está sucio e pouco coidado. A panda de PISPAS encontrará a forma de recoller e separar o lixo para que todo volva a ser como antes.

QUE APRENDEMOS??...
·        Hai que limpar o planeta e coidalo.
·        Se tiramos cousas ao río ou ao mar, contamínanse.
·        Se producimos moito lixo o noso planeta envelenarase.
·   Para que non pase isto, hai que levar o lixo a uns sitios onde o converten en cousas novas. RECICLAR
·   Antes de reciclar hai que botalo nos contedores correspondentes. SEPARAR. Non podemos misturar o papel, os envases, o vidro…
·    A roupa vella ten que ir aos contedores da roupa. As pilas, aos das pilas. E as menciñas, ao Punto Sigre das farmacias.

 Estas son reflexións das propias nenas e nenos ao final do traballo.


NA CLASE TAMÉN RECICLAMOS...


Ningún comentario:

Publicar un comentario