"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

mércores, 2 de novembro de 2016

OUTONO: magosto, samaín e día do peón.

Chegou o outono e con el as castañas, as caveiras de cabaza, o millo e as uvas. Chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e achégase o inverno, vaise a calor e ven o frío, acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos do SAMAÍN, dos MAGOSTOS e do San Martiño.

Para celebralo fixemos un taller de cociña terrorífica, conta-contos arrepiante e festa de disfraces. Tamén comemos as castañas, pero primeiro fomos apañalas. Sabedes aquelo de que "polo San Martiño... peóns ao camiño", pois nós practicamos cos nosos propios bailaretes. E saímos ao parque recoñecer algunha das árbores que temos alí; o carballo, a nogueira e o castiñeiro.

Podedes ver todo isto no seguinte vídeo...



Por estas datas sempre escoitamos moitos contos de medo (só un pouquiño de medo). Gústanos O PAPÓN, A BRUXA REGAÑADENTES, CORRE CORRE CABACIÑA... pero este ano descubrimos a PELOSTORTOS

Calquera destes libros podémolos atopar na Biblioteca Municipal (Casa da Cultura). Invítovos a que vos acerquedes por alí e busquedes algún destes, ou outros.

Uns amigos/as do CEIP Coirón-Dena de Meaño (Pontevedra) puxéronlle música a este conto. A nós chíflanos a súa canción, tanto que ata lle inventamos un baile. Este é o seu vídeo...


Ademais tamén fixemos unha actividade na pantalla que podedes repetir na casa. Este é o enlace...  
                   SAMAÍN EEI Monte da Guía

Ningún comentario:

Publicar un comentario