"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

xoves, 24 de novembro de 2016

25 NOVEMBRO

O 25 de novembro é un día destacado e especial que se conmemora con manifestos, teatros, exposicións etc. que dunha forma ou outra apoian a todas aquelas mulleres que en calquera lugar do mundo están a sufrir violencia. 

Lembramos que o O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres foi declarado no primeiro encontro feminista para América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981. No encontro, as mulleres denunciaron sistematicamente a violencia de xénero, desde agresións domésticas a violacións e tortura sexual ou violencia de estado. A proposta feita neste encontro, foi recoñecida oficialmente en 1999 polas Nacións Unidas.

Ademais da violencia de xénero exercida pola parella, existen outras modalidades de violencia contra a muller, como pode ser trátaa de mulleres e nenas con fins de explotación sexual, a mutilación xenital feminina ou os matrimonios forzados. Podedes obter mais información no seguinte enlace:

Na clase falamos sobre este tema. Recordamos o conto de Adela Turín, "Arturo e Clementina" e comentamos o que non nos gusta deste conto e doutros comportamentos similares, ou incluso peores. A partir deste debate, decidimos facer uns carteis para manifestarnos en contra da violencia contra a muller.



Ningún comentario:

Publicar un comentario