"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

martes, 22 de novembro de 2016

PRESTIGE

O outro día atopeime con este vídeo, e na miña teima de inculcar nos peques a idea de que hai que coidar o planeta e os nosos recursos naturais, decidín ensinarllo e preguntarlles que era o que pensaban...


E dixéronme que lles parecía algo "moi malo porque contaminouse todo e morreron moitos animais polo petroleo". Que "non poden pasar barcos vellos polas nosas costas". Ou que lles "gusta que un montón de xente viñera axudar a limpar".

E así o interpretaron...






3 comentarios:

  1. Gracias profe!!!!!
    Estivemos falando do Prestige, aproveitando a túa idea...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que haxa continuidade, esa é a idea Meri, aproveitar o que facemos na escola para que pasedes un tempiño coas nenas e nenos. Espero sexa de utilidade. Un saúdo

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar