"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

luns, 6 de febreiro de 2017

A PREHISTORIA - O DOLMEN

Durante o primeiro trimestre deste curso investigamos un pouco sobre a prehistoria e os dolmens. Vivimos na Terra de Soneira e estamos rodeados destes monumentos, polo tanto temos a oportunidade de coñecelos de cerca. Resultou un tema ben interesante e motivador.

O noso obxectivo básico é...
Aprender a respectar o Patrimonio Arqueolóxico e entender a importancia do mesmo.
Pero o tema tamén nos permite...
Mellorar a expresión e a comprensión oral, e ampliar o vocabulario mediante conversas, contos e lendas.
Seleccionar material informativo ou elaborado sobre a prehistoria, obtido de diversas fontes.
Coñecer tipos de vivendas habituais na Prehistoria.
Coñecer ferramentas prehistóricas e o seu uso.
Identificar seres vivos: animais propios da Prehistoria e da actualidade.
Comprender a importancia do lume dende a época prehistórica.
Coñecer a importancia da caza, a pesca e a recolección.
Coñecer algunhas manifestacións do Neolítico. Gandería e agricultura, olería e a arte monumental.
Aproximarse ao coñecemento da cultura e a arte na Prehistoria.
Comprender a importancia do uso responsable e sostible dos recursos. 

Todo isto queda recollido no seguinte vídeo, e no "caderno de traballo" das nenas e nenos que podedes ver na revista que aparece máis abaixo.

Esperamos que vos resulte tan interesante como a nós.


4 comentarios: