"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

martes, 21 de marzo de 2017

DÍA DA PAZ DÍA DA MULLER

Coñecemos cinco mulleres bravas que se preocuparon polas que tiñan menos, polas súas, e por si mesmas. Cinco mulleres que traballaron e traballan polo seu soño e conseguírono. Mulleres que fixeron (e seguen a facer) historia.


TERESA DE CALCUTA. Axudou xs marxinadxs da sociedade.


RIGOBERTA MENCHÚ. Activista en defensa das terras e os dereitos do seu pobo.


AMELIA EARHART. Cando era nena tiña como pasatempo reunir recortes de xornais de mulleres que sobresaían en actividades tradicionais dos homes. Foi unha aviadora célebre polas súas marcas de voo e por tentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial.

MARTA ARCE. Cando era nena desexaba practicar judo, igual que o seu irmán. Pero como vía pouco non llo permitían. No cole, na hora de Ed. Física, deixábana sentada nun banco. Aínda así, conseguíu ser judoka e ganar moitos trofeos.

VALENTINA TERESHKOVA. Dende pequena soñaba co espazo exterior. Estudou enxeñería e aprendeu a saltar en paracaídas. Grazas á súa formación, entrou no corpo de cosmonautas.



 AITANA    MARÍA    ANDREA    CARMEN    SARA    MARÍA    MAYRA

CAMIÑANDO POLA IGUALDADE

Ningún comentario:

Publicar un comentario