"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

luns, 19 de xuño de 2017

VACACIÓNS, VERÁN E PASO A PRIMARIA

Despois destes días de titorías recollín certas inquietudes que nalgúns casos comparto e noutros non. É certo que o verán é moi longo, pero as vacacións son para descansar. É tempo de que as nenas e nenos disfruten do bo tempo (o inverno é moi longo), que xoguen e que compartan coas amigas e amigos...
Que exploren, que pinten, que se manchen, que canten e bailen... que sexan nenas e nenos felices.

Deixo o enlace a dous folletos da colección folletos para as familias con fillas/os de 2 a 12 anos que vos poden resultar interesantes.

CONSELLOS PARA AS VACACIÓNS. 

O PASO DE INFANTIL A PRIMARIA. 

En definitiva, que temos que facer? querer, coidar e compartir a vida coas nenas e nenos, reforzando condutas positivas, apoiando, xogando ("tirados no chan se é necesario"), socializando, deixando que se equivoquen, dialogando os problemas. “Deben saber que teñen detrás unha familia que a/o quere e se preocupa”.  Recordando a importancia da aprendizaxe por imitación. “Nais e pais somos o modelo das nosas fillas e fillos”. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario