Despois
de ter traballado a Prehistoria e o megalitismo no primeiro trimestre, e
seguindo centrados na nosa historia, adicamos o segundo trimestre aos CASTROS.
Por
outro lado, aproveitamos a cercanía do Castro A CIDÁ de Borneiro, no concello
veciño de Cabana, e o Castro das Barreiras que temos na propia contorna urbana
de Vimianzo.
Ao
igual que nos pasara co megalitismo, atopámonos cun territorio abundante nestes
monumentos. E o mesmo que no trimestre anterior, unha historia que pensamos,
temos a oportunidade (e o deber) de coñecer
e preservar.
O obxectívo fundamental que pretendemos con este pequeno proxecto é que o alumnado aprenda a respectar o patrimonio arqueolóxico e entenda a importancia do mesmo.
O obxectívo fundamental que pretendemos con este pequeno proxecto é que o alumnado aprenda a respectar o patrimonio arqueolóxico e entenda a importancia do mesmo.
Como resumo deste traballo, podedes ver o seguinte vídeo …
Ningún comentario:
Publicar un comentario