"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

luns, 4 de decembro de 2017

OUTONO 2017

Xa estamos en decembro, achégase o inverno e deixaremos atrás o OUTONO.
Este outono foi especial, porque comezamos a nosa andaina no "San Vicenzo". Para recordalo deixovos unhas fotiños dalgunhas das cousiñas que fixemos.
Recibimos o outono probando os seus froitos e xogando coas follas secas. Tamén lle sacamos os seus pigmentos, o verde e o vermello. 
Comemos noces e aproveitamos para facer barquiños.
Divertímonos no Samaín e o Magosto.
Declarámonos en contra de calquera tipo de violencia e a favor dos xogos, dos mimos, das risas... 
E sobre todo, compartimos experiencias coas amigas e amigos________________

Esta é unha pequeniña presentación, se queredes ver máis fotos só tedes que clicar no enlace de abaixo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario