"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

martes, 12 de decembro de 2017

CANCIÓNS

Seguro que pola casa escoitades ás pequenas e pequenos tarareando algunha canción do cole que non coñecedes. Para que descubrades o diver que é cantar e bailar con elas/eles, deixovos algunhas e, a gozar coa música en familia!!
Como sabedes, estamos traballando e aprendendo cousiñas sobre o corpo e as nosas mans, pois esta canción dos dedos gústanos un montón.


Tamén nos gusta bailar con XAN PEQUENO


Podedes amplialo a todas as partes do corpo que queirades. Na clase non cantamos a versión en castelán dos Cantajuegos, nós cantámolo en galego, pero a música é a mesma.

Un dos nosos contos preferidos é "O POLO PEPE", pois tamén cantamos co Polo Pepe.


E agora que se achega o Nadal, xa temos preparada a nosa panxoliña para cantarlle a Papá Noel.



Ningún comentario:

Publicar un comentario