"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

martes, 25 de setembro de 2018

UN PAR DE CONSELLOS

Agora que acabamos de comezar un novo curso, quero recordar un par de cousiñas que me parecen importantes...
Unha; a importancia de lerlles contos aos nosos nenos e nenas, e a segunda; a necesidade de controlar o tempo coa tablet, teléfono, televisión ou ordenador.


"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Isto é o que di Michèle Petit que se lle está dicindo a un neno ou unha nena cada vez que lle contamos un conto, se lle conta un relato familiar, lle lemos en voz alta ou lle cantamos un canto de berce.

FALEMOS, CONTEMOS E CANTEMOS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario