"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

martes, 15 de maio de 2018

ESCOLA E TRADICIÓN

Este curso, no noso centro, decidimos traballar e recrear o ENTROIDO TRADICIONAL dalgúns lugares de Galicia
Do mesmo xeito, parte do alumnado de 5º, coñeceu e practicou a improvisación oral da REGUEIFA.





Os obxectivos...
  • Coñecer alguhas manifestacións culturais do contorno, desenvolvendo actitudes de respecto, interese e participación cara a elas.
  • Coñecer as festas populares da Comunidade, participando activamente nelas e valorándoas como manifestacións culturais autóctonas.
  • Participar na conmemoración de festas e na incorporación de usos tradicionais, dende experiencias, actividades e recursos expresivos.

...Entre moitos outros, de lingua, música, traballo colaborativo, etc.

Empregar o noso PATRIMONIO CULTURAL, permite traballar os contidos curriculares dende a nosa realidade, á vez que coñecemos a nosa tradición. É, sen dúbida, un recurso motivador, próximo, familiar, noso...
                                                            QUEN SOMOS?    DE ONDE VIMOS?

Ningún comentario:

Publicar un comentario