O xoves pasado estivo Carmen na nosa clase falándonos da alimentación saudable. Esta actividade forma parte do programa CORES da Escola Galega de Consumo e da Deputación. Visitaron o noso centro por unha proposta do Concello. Moitas grazas ás/aos responsables.
Carmen falounos dos distintos tipos de alimentos e da PIRÁMIDE ALIMENTARIA, que nos ensina cousas como que debemos beber moita auga e moi, moi poucos doces. E que non só é importante unha adecuada alimentación, tamén a actividade física é moi importante.
Pincha no seguinte enlace e poderás ver un vídeo moi chulo que nos fala disto mesmo... https://www.youtube.com/watch?v=4MEfZRGHefw
E recordade... debemos probar de todo. Xa sabedes que lle pasou ao coelliño do conto SOPA VERDE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario