Esta é unha experiencia de aproximación á pintura dende a contemplación, o diálogo e a propia creación das nenas e nenos.
A finalidade é achegarse ao mundo das artes, artistas e as súas obras. Educar no gusto estético e iniciarse no goce das obras de arte, partindo da lectura de imaxes, da creación dunha opinión persoal e da expresión das propias ideas.
Comezamos coñecendo a JACKSON POLLOCK. O seu maior logro é pintar co goteo. Deixamos que a pintura caia sobre o lenzo de forma libre, autónoma, a pintura gotea sobre o cadro (expresionismo abstracto).
Tamén coñecemos aKANDINSKY Cando miraba un cadro, non era o máis importante os obxectos que aparecían, senón as cores e a forza que estas adquirían na obra. Así, na súa pintura, vaise producindo unha evolución dende o realismo á abstracción, sendo unha acuarela do artista, pintada no ano 1912, a primeira obra abstracta da historia da arte.
E descubrimos a PIET MONDRIAN Imitando a este artista na súa faceta máis coñecida, a abstracción xeométrica pura. Obras baseadas en formas xeométricas e cores primarias. A curva desaparece da súa obra e o vermello, azul e amarelo son as cores que observamos. E así reproducimos as obras de Mondrian...
Estes son algúns vídeos que se atopan pola rede e que empregamos para coñecer a estos tres artistas, as súas obras e inspirarnos. Así podemos volver a velos e recordalos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario