"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

xoves, 28 de decembro de 2017

NADAL

Investigamos como se vivía o NADAL en Vimianzo cando as nosas avoas e avós eran pequenas/os. 
As familias de SARA L., CELIA, NEREA V. e RICARDO contáronnos que o que se soía comer na NOITEBOA era bacallau e castañas cocidas, tamén facían colares de castañas.
Que os regalos eran poucos e os traían os REIS MAGOS (non chegaba PAPÁ NOEL). Deixaban chocolate, laranxas e algunha peseta. 
Que non se poñía árbore. Con sorte, ían ver o BELÉN ao Pazo. 
E que as mozas e mozos ían polas portas da veciñanza cantando OS REIS e CANTOS DE NADAL.
                    SAN XOSÉ FAI LUME,            
                  A VIRXE SOPRABA, 
                  E O NENO CO LUME 
                  XA NON LLE CHORABA. 

                  DURME QUE CHE PRESTE, 
                  MEU INOCENTIÑO,
                  COAS BÁGOAS NOS OLLOS 
                  QUEDOU DURMIDIÑO.

Falamos con PAPÁ NOEL por video-conferencia e tamén pasou pola nosa clase. Moitas grazas ao Concello por organizalo e poder darlle a nosa carta e adicarlle unha panxoliña.

Tamén coñecemos ao APALPADOR. Xigante carboeiro que baixa das montañas e toca as barriguiñas das nenas e nenos para ver se comeron abondo durante o ano. Deixa unha presa de castañas, eventualmente algún regalo. E desexa un ano novo cheo de felicidade e fartura.

E finalmente, celebramos o noso particular FIN DE ANO. Con música, uvas e chocolate con churros, que por certo, estaba boísimo. Moitas grazas á ANPA tamén.





F E L I C E S    F E S T A S !!


Ningún comentario:

Publicar un comentario