"Preséntoche o mundo. Preséntoche a aqueles que te precederon e o mundo do que vés, pero tamén outros universos para que teñas liberdade, para que non esteas demasiado sometida aos teus ancestros". Michèle Petit

luns, 12 de febreiro de 2018

RUTINAS/CALENDARIO

Hoxe comparto un vídeo para que vexades como comezamos o día.



Tamén quero compartir o Calendario de Apego 2018. MARIÑA, UNHA HISTORIA PARA CONTAR OS MESES CON APEGO. Desde o seu nacemento en xaneiro coa mantiña que lle traen os reis magos ata o paquete que haberá o próximo decembro baixo a árbore de nadal. Así transcorre o ano 2018 para Mariña, a nena que protagoniza o calendario do ano 2018, que o proxecto Apego divulga para que calquera poida descargar e imprimir.



Recoméndovos que o imprimades e que o usedes na casa. Co uso do calendario aprendemos os meses e os días, os números, tamén as letras, as estacións...
Podedes marcar datas especiais, contar os días que faltan para o aniversario da avoa, ver cantos días/meses pasaron dende que viñeron os Reis Magos. Escribir esas datas especiais nunha lista, facer un horario semanal coas actividades extraescolares... Marcar con que meses se corresponden as distintas estacións e por suposto ver como Mariña vai medrando e aprender os versos.
Tamén podedes usar calquera outro calendario, pero este é especialmente bonito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario